lunes, 20 de octubre de 2008

2ª Xeocachada Galega


Por segunda vez, a Asociación Animacción organiza unha grande xeocachada no sur de Galicia. Nesta ocasión teremos como base de operacións o Albergue Municipal de Celanova no que, os interesados, poderán ter aloxamento, cea e almorzo.

A proposta consiste nunha actividade de introducción ó Geocaching os sábado pola mañá, seguida dunha saída en grupos para atopar cachés no norte de Portugal e no sur Galego. Está dirixida a todo tipo de persoas ás que lle guste a aventura e estar en contacto coa natureza.

A organización pode facilitar navegadores para aquelas persoas que non dispoñan deles e tamén dispón de cables de datos ( tipo GPS12 e eTrex ) para memorizar fácilmente os cachés dende o ordenador.

A actividade é TOTALMENTE GRATUITA. Únicamente os participantes que se aloxen no Albergue deberán facerse cargo dos gastos da súa estancia.

Programa de Actividades

Sábado, 25 de Octubre
Domingo, 26 de Octubre


09:00 - Obradoiro de introducción ó Geocaching 10:00 - Rexistro dos cachés na web oficial.
11:00 - Organización de grupos e saida 11:00 - Gran xeocachada urbana na vila de Celanova


14:00 - Xantar onde cadre 14:00 - Xantar onde cadre


21:00 - Cea no Albergue para os que queran
22:30 - Actividade nocturna

  • Mesa redonda sobre o Geocaching
  • Presentación de experiencias
  • Pase de fotografías


No hay comentarios: