domingo, 4 de noviembre de 2007

Novos Geocachés

Como resultado dos meus paseos montañeses desta fin de semana tedes de regaliño dous geocachés máis. Para os que non saibades do tema:

www.geocaching.com

Para os que si, unha relación dos geocachés dos que son responsable:

http://www.geocaching.com/seek/nearest.aspx?u=gusi

E como estou probando todo o tema de GMAIL, o seu sistema de blogs (coa firme intención de mudarme en canto sexa posible) e o servicio de almacenamento de imaxes que ofrece vouvos plantar unhas fotucas escollidas. A idea é que non ocupen espacio no meu servidor e que se carguen rápidamente.

Imos alá:





As fotos corresponden a dous geocachés novos instalados no Montealegre, en Ourense e no monte do San Cibra, no Concello da Bola. Están aínda pendentes de aprobación pero conto con que nesta semana os revisen e os activen.

En breve vou facer unha visita a Letonia na que espero poder visitar algún geocaché (polo menos un en Riga, para poder demostrar que estiven alí) e levar tamén un travel bug que recollín en Outariz.

Para rematala tarde do Domingo tiven a sorte de quedar cun par de guapas de Celanova que non só invitaron a café senon que me van facilitar un contacto diplomático ó máis alto nivel coa Igrexa Católica a fin de obter información sobre a Virxe do Cristal.

(non hai fotos das guapas, síntoo, pero Thibaut veu moi feliz porque o encheron a gominolas)

Hala, esto é todo. Ata mañá... que imos ver a Tamariz ó Lugo Máxico.

jueves, 18 de octubre de 2007