Por segunda vez, a Asociación Animacción organiza unha grande xeocachada no sur de Galicia. Nesta ocasión teremos como base de operacións o Albergue Municipal de Celanova no que, os interesados, poderán ter aloxamento, cea e almorzo.
A proposta consiste nunha actividade de introducción ó Geocaching os sábado pola mañá, seguida dunha saída en grupos para atopar cachés no norte de Portugal e no sur Galego. Está dirixida a todo tipo de persoas ás que lle guste a aventura e estar en contacto coa natureza.
A organización pode facilitar navegadores para aquelas persoas que non dispoñan deles e tamén dispón de cables de datos ( tipo GPS12 e eTrex ) para memorizar fácilmente os cachés dende o ordenador.
A actividade é TOTALMENTE GRATUITA. Únicamente os participantes que se aloxen no Albergue deberán facerse cargo dos gastos da súa estancia.
Programa de Actividades
Sábado, 25 de Octubre | | Domingo, 26 de Octubre |
| | |
09:00 - Obradoiro de introducción ó Geocaching | 10:00 - Rexistro dos cachés na web oficial. | |
11:00 - Organización de grupos e saida | 11:00 - Gran xeocachada urbana na vila de Celanova | |
| | |
14:00 - Xantar onde cadre | 14:00 - Xantar onde cadre | |
| | |
21:00 - Cea no Albergue para os que queran | | |
22:30 - Actividade nocturna
| |